Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Intervención General de la Administración del Estado
Administración Presupuestaria

Norma de creación

Rexistro contable de facturas. Norma de creación

A Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, publicada no BOE o 28 de decembro de 2013, regula no seu artigo 8 a creación con carácter obrigatorio para todas as administracións públicas dun rexistro contable de facturas nos seguintes termos:

  1. Cada un dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei disporá dun rexistro contable de facturas que facilite o seu seguimento, cuxa xestión corresponderá ao órgano ou unidade administrativa que teña atribuída a función de contabilidade.
  2. O referido rexistro contable de facturas estará interrelacionado ou integrado co sistema de información contable.

É dicir, haberá un rexistro contable de facturas por cada entidade pública das incluídas no ámbito de aplicación da lei, non por cada administración pública.

Data da última actualización: 6/3/2014