Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Intervención General de la Administración del Estado
Administración Presupuestaria

Formato admitido de factura electrónica no RCF

​Rexistro contable de facturas. Formato admitido de factura electrónica no RCF

O artigo 5 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, publicada no BOE o 28 de decembro de 2013, establece o formato das facturas electrónicas e a súa sinatura electrónica nos seguintes termos:

As facturas electrónicas que foren remitidas ás administracións públicas deberán ter un formato estruturado e estaren asinadas con sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido, de acordo co disposto no artigo 10.1.a) do Real decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Por Orde da Vicepresidenta do Goberno e Ministra da Presidencia, a proposta conxunta do Ministro de Facenda e Función Pública e do Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, determinarase o formato estruturado da factura electrónica, ouvido o Comité Sectorial de Administración Electrónica. Tamén se admitirá o selo electrónico avanzado baseado nun certificado recoñecido que reúna os seguintes requisitos:

  1. O certificado deberá identificar a persoa xurídica ou entidade sen personalidade xurídica que sele a factura electrónica, a través da súa denominación ou razón social e o seu número de identificación fiscal.
  2. A solicitude do selo electrónico avanzado poderá formularse quer mediante comparecencia presencial dunha persoa física que acredite a súa representación, quer por medios electrónicos mediante o DNI electrónico e a remisión dos documentos que acrediten o seu poder de representación en formato papel ou electrónico.

A disposición segunda da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, publicada no BOE o 28 de decembro de 2013 establece que en tanto non se aprobe a Orde ministerial da vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia referida anteriormente, as facturas electrónicas que se remitan ás administracións públicas axustaranse ao formato estruturado da factura electrónica Facturae, versión 3.2, e de sinatura electrónica conforme á especificación XMLAdvanced Electronic Signatures (XAdES).

Doutra banda a Disposición transitoria segunda da mesma Lei regula que en tanto non se desenvolva o contido do selo electrónico avanzado baseado nun certificado electrónico recoñecido, as facturas electrónicas que se presenten ante as Administracións Públicas poderán garantir a súa autenticidade e integridade mediante un certificado que resulte válido na plataforma de validación de certificados electrónicos @firma do Ministerio de Facenda e Función Pública.

 

Data da última actualización: 6/2/2017