Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Intervención General de la Administración del Estado
Administración Presupuestaria

Informacion Xeral

O Servizo Nacional de Coordinación Antifraude é o órgano encargado de coordinar as accións encamiñadas a protexer os intereses financeiros da Unión Europea contra a fraude en colaboración coa Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF).

Atópase integrado na Intervención Xeral da Administración do Estado e, de acordo coa disposición adicional 25ª da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, correspóndenlle as seguintes funcións:

 

a) Dirixir a creación e posta en marcha das estratexias nacionais e promover os cambios lexislativos e administrativos necesarios para protexer os intereses financeiros da Unión Europea.

b) Identificar as posibles deficiencias dos sistemas nacionais para a xestión de fondos da Unión Europea.

c) Establecer as canles de coordinación e información sobre irregularidades e sospeitas de fraude entre as diferentes institucións nacionais e a OLAF.

d) Promover a formación para a prevención e loita contra a fraude.

A continuación pode acceder á normativa reguladora do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, así como a outros documentos de carácter xeral relativos á protección dos intereses financeiros da Unión Europea contra a fraude:

Data da última actualización: 17/5/2017